Xota de Lira




Esta que teño ao meu lado
Cante moito ou cante pouco
Ai cante moito ou cante pouco

Esta que teño ao meu lado
Canta moi ben arreghlado
Ai canta moi ben arreghlado

Alí vai a que canta
Reghalando coa súa gharghanta
Bota flores, bota flores
Todos queren sel-os seus amores

Toco para miña irmanhe
Toco para miña irmanhe
AI toco para miña irmanhe

Para outra non lle toco
Anque me paghen na mane
Ai anque me paghen na mane

Alí vai a que canta
Reghalando coa súa gharghanta
Bota flores, bota flores
Todos queren sel-os seus amores

Coleaivos coleaivos
Cintiñas do meu sombreiro
Ai cintiñas do meu sombreiro

Coleaivos coleaivos
A conta do meu diñeiro
Ai a conta do meu diñeiro

Alí vai a que canta
Reghalando coa súa gharghanta
Bota flores, bota flores
Todos queren sel-os seus amores

Baila nena baila nena
E non pares de bailar
Ai e non pares de bailar

Que as estrelas tamén bailan
Sen deixar de alumear
Ai sen deixar de alumear

Alí vai a que canta
Reghalando coa súa gharghanta
Bota flores, bota flores
Todos queren sel-os seus amores

Vou a dá-la despedida
E na despedida un ramo
Ai e na despedida un ramo

E no ramo un papeliño
Con letras d'ouro bordado
Ai con letras d'ouro bordado

Alí vai a que canta
Reghalando coa súa gharghanta
Bota flores, bota flores
Todos queren sel-os seus amores

Alí vai a que canta
Reghalando coa súa gharghanta
Bota flores, bota flores
Todos queren sel-os seus amores



E na recolha do grande Tiago Pereira em 

Comentários

Mensagens populares