sábado, 19 de março de 2016

Nunca Deus quis nulha cousa gram bem

Hugues Merle - Maria Madalena na Gruta
Gif de Stefano Tagiafierro



Nunca Deus quis nulha cousa gram bem
nem de coitado nunca se doeu,
pero dizem que coitado viveu;
ca, se s'El del doesse, doer-s'-ia
de mi, que faz mui coitado viver,
a meu pesar, pois que me foi tolher
quanto bem eu eno mund'atendia.

Mais enquant'eu já vivo for, por en
nom creerei que o Judas vendeu
nem que por nós na cruz morte prendeu
nem que filh'est de Santa Maria;
e outra cousa vos quero dizer:
ca foi coitado nom quero creer,
ca do coitad'a doer-s'haveria.

Ainda vos d'El direi outra rem:
pois quanto bem havia me tolheu
e quant'El sempre no mund'entendeu
de que eu mui gram pesar prenderia,
per bõa fé, dali mi o fez prender;
por esto nom quer'eu per El creer,
e quanto per El crive, fiz folia.

E se El aqui houvess'a viver
e lh'eu por en podesse mal fazer,
per bõa fé, de grado lho faria!

Mais - mal pecado! - nom hei en poder
e nom Lhi poss'outra guerra fazer;
mais por torpe tenh'eu quem per El fia!
Pero Garcia Burgalês


Sem comentários:

Enviar um comentário