segunda-feira, 20 de maio de 2013

A mia senhor, que me foi amostrar




A mia senhor, que me foi amostrar
Deus por meu mal, por vos eu nom mentir,
e que sempr'eu punhei de a servir
muit', houve gram sabor de m'enganar:
ca me falou primeir', u a vi, bem;
e pois que viu que perdia o sem
por ela, nunca m'er quiso falar.

E se m'eu dela soubesse guardar,
quando a vi, punhara de guarir;
mais foi-m'ela bem falar e riir,
e falei-lh'eu; e nom a vi queixar,
nem se queixou que a chamei "senhor"!
E pois me viu mui coitado d'amor,
prougo-lhe muit'e nom m'er quis catar!

E pois me queria desemparar,
quando a vi, mandasse-me partir
logo de si! E mandasse-m'end'ir!
Mais nom lhe vi de nulha rem pesar
que lh'eu dissesse, tam bem me catou!
E pois viu que seu amor me forçou,
leixou-m'assi desemparad'andar.

E deferença dev'end'a filhar
tod'home, que dona fremosa vir,
de mim: e guarde-se bem de nom ir,
com'eu fui log', em seu poder entrar;
ca lh'averrá com'aveo a mim:
servi-a muit', e pois que a servi,
fez-mi aquesto quant'oídes contar!
João Lopes de Ulhoa


Sem comentários:

Enviar um comentário